Reigosa, Carlos G. (1948- )

Crime en Compostela / Carlos G. Reigosa - 1ª ed. en Negra. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 1984 - 190 p. ; 21 cm. - Negra (Edicicións Xerais de Galicia) ; 1 .

Crime en Compostela, galardonada co 1º Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maiores logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigadores, as persoas vencelladas co suceso e a propia cidade de Santiago, retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacude á comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir. Reigosa inaugurou con Crime en Compostela a narrativa policíaca galega, un xénero que se convertiría «nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico»

8475071163


Castro, Nivardo (Personaxe de ficción)

821.134.4-31"19"*I

Coa tecnoloxía Koha