Título orixinal: El gallinero
O título orixinal deste libro é "El Gallinero". "El gallinero" é un dos poboados da Comunidade de Madrid onde aínda permanecen activos focos de marxinación. A pesar do realoxamento e dos intentos por atopar unha solución digna para os seus habitantes, a situación non está resolta. Durante máis de vinte anos ten sido o núcleo da Cañada Real, o asentamento chabolista máis grande de Europa, onde chegaron a vivir ata trescentos cativos e as súas familias en condicións insalubres. O título en galego é "Terra de ninguén" porque estes lugares son os que lles quedan para ocupar aos excluídos, aos máis desfavorecidos da nosa sociedade.
5º-6º Primaria
3º-4º Primaria