By Fortes, Antón. Pontevedra :OQO 2010 . 17 p. , Neste álbum abórdase o grave problema da sida en Guinea Bissau, que afecta unha alta porcentaxe da poboación infantil. Este país africano é un dos que rexistra maior subdesenvolvemento de todo o mundo. Por este motivo, enfermidades infecciosas ou de transmisión sexual quedan sen tratar, o que provoca que se agraven e cheguen a producir a morte. A mortalidade infantil, causada por esta desatención en saúde, é moi elevada no país: de cada mil nados vivos, 105 bebés morren antes de cumprir un ano. OQO editora contou neste álbum coa colaboración da Asemblea de Cooperación pola Paz, que traballa neste país co Ministerio de Saúde e as comunidades locais en proxectos para a construción e dotación de infraestruturas sanitarias, a formación de persoal cualificado e a sensibilización social sobre a importancia da saúde. O autor cedeulle os dereitos do libro a esta ONG, tal e como fixo con Fume para a ONGD Creart. ;24cm. 978-84-9871-284-1
By Fortes, Antón. Pontevedra :OQO 2008 . [32] p. , Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2009 ;30cm. 9788498710588