Pasión por la verdad : San Agustín / Miguel Ángel Cárceles ; ilustrador, Josep Gual
por Cárceles, Miguel Ángel
; Gual, Josep
.
Tipo: 

Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Illa de Ons Sala préstamo | 92 CÁR pas | 1 | Dispoñible | PED013000001914 |
|
Biografía dirixida para xóvenes sobre Santo Agostiño, Aurelius Augustinus, nado en Tagaste (Numidia) o 13 de novembro de 354 e finado en Hipona o 28 de agosto de 430, foi un teólogo, filósofo e Doutor da Igrexa. Na súa obra incorpora a filosofía clásica á doutrina cristiá; exerceu grande influencia no pensamento cristián.
Naceu na África romana. O seu pai, Patricio, era un maxistrado pagán. A súa nai, Santa Mónica foi posta pola igrexa como exemplo de muller cristiá, preocupada sempre polo benestar da súa familia. Mónica ensinoulle ao seu fillo os principios básicos da relixión cristiá e ao ver como Agostiño se afastaba do camiño do cristianismo entregouse á oración. Isto fixo que Agostiño se chamase a si mesmo "fillo das bágoas da súa nai".
Santo Agostiño tiña moita imaxinación e unha intelixencia extraordinaria. Destacou nos estudos das letras. Mostrou moito interese pola literatura, especialmente pola grega clásica e a elocuencia. Os seus principias triunfos foron en Madaura e Cartago onde estudou retórica. Sentiu unha forte atracción polo teatro durante os seus anos de estudante en Cartago. Nestes anos tamén destacou nos concursos poéticos e certames públicos.
A pesar de que se deixaba levar cegamente polas paixóns humanas e polo seu espírito sensual e mullereiro, non abandonou os estudos, centrados especialmente na filosofía. É nesta época cando Agostiño coñece a súa muller coa que estabelece unha relación de 14 anos e coa que ten un fillo, Adeodato.
Na súa busca incansable de resposta ó problema da verdade, Agostiño pasa dunha escola filosófica a outra sen que encontre unha verdadeira resposta as súas inquedanzas. Finalmente chega ao maniqueísmo crendo que neste sistema encontraría o modelo segundo o cal podería orientar a súa vida. Varios anos seguiu esta doutrina, e soamente a abandona despois de falar co bispo Fausto. Ante esta decepción, convenceuse da imposibilidade de chegar á plena verdade, e por isto fíxose escéptico.
Conta a lenda que un día Santo Agostiño paseaba pola beira do mar, dándolle voltas na súa cabeza ás moitas doutrinas sobre a realidade de Deus, entre elas, a doutrina da Trindade. Un rapaz que estaba xogando na beira do mar faille entender que é imposible que a súa mente tan pequena poida entender o misterio de Deus. Sumido nunca gran frustración persoal, decide no 383 ir a Roma.
Foi en Milán onde se produciu a última etapa da súa conversión: empezou a asistir ás celebracións litúrxicas do bispo Ambrosio. Entón decidiu romper definitivamente co maniqueísmo. Esta noticia alegrou moito a súa nai que se encargou de buscarlle un matrimonio acorde co seu estado social e dirixilo cara ó bautismo. Despediuse da súa compañeira sentimental e decidiu vivir en ascese, decisión que chegou despois de coñecer os escritores neoplatónicos.
É no 386 cando se consagra ó estudo formal e metódico das ideas do cristianismo. Renuncia á súa cátedra e retírase xunto coa súa nai e cuns compañeiros cerca de Milán para dedicarse ó estudo e á meditación. O 23 de abril de 387, ós 33 anos, foi bautizado en Milán polo bispo Ambrosio. Xa bautizado, volve a África onde foi bispo de Hipona, pero antes de embarcar, a súa nai morre.
Cando chegou a Tagaste vendeu todos os seus bens e os beneficios obtidos repartiunos entre os pobres. Retirouse cuns compañeiros a vivir nunha pequena propiedade para facer vida monacal. No 391 viaxou a Hipona para buscar un lugar onde abrir un mosteiro e vivir cos seus irmáns, pero durante a celebración litúrxica foi elixido pola comunidade para que fose sacerdote. Aceptou esta elección con bágoas nos ollos ao igual que cando foi consagrado bispo no 395.