Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, 2001
Un cadáver no ascensor. Unha veciñanza na que as aparencias poden enganar. Unha detective, Ana Candeán, forzada a colaborar no caso por compromiso. Unha baiuca de Compostela, o Artefacto Burbur, presidida por unha invocación en vegliota, lingua que xa ninguén fala.
No centro da novela o Conto da muller brava, que volve á memoria de Ana Candeán unha e outra vez, un conto popular que suxire maltrato. Novela negra, se por negra entendemos a violencia de xénero que a percorre.